MAITE FERREIRO: "TRÁTASE DUNHA CONVOCATORIA ABERTA A TODAS AS PROFESIONAIS DA DANZA E DAS ARTES DO MOVEMENTO PARA REALIZAR PROXECTOS NA CIDADE DURANTE ESTE ANO"
A área de Cultura e o Colectivo Glovo abren a convocatoria do programa de residencias artísticas e investigación Atopémonos Bailando

Maite Ferreiro: "Trátase dunha convocatoria aberta a todas as profesionais da danza e das artes do movemento para realizar proxectos na cidade durante este ano"
A área de Cultura consolida o seu apoio ao sector da danza con esta convocatoria que permitirá avanzar na investigación e na creación de proxectos e espectáculos con 11 proxectos
Lugo, 12 de marzo de 2025. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro presentou xunto con integrantes do Colectivo Glovo a Convocatoria de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando para profesionais de danza e artes do movemento a realizar durante o ano 2025 na cidade de Lugo.
"Con Atopémonos Bailando desde a área de Cultura do Concello de Lugo consolidamos o noso apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza", declarou Maite Ferreiro
O proxecto Atopémonos Bailando ten como obxxectivos impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras de Galiza, e difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional e gratuíta.
A área de Cultura e o Colectivo Glovo abren o proceso para que as profesionais da danza e artes do movemento a presentar os seus proxectos para a realización dun máximo de 11 residencias artísticas ou de investigación para ser realizadas entre os meses de maio e outubro de 2022 en Lugo. As profesionais interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 25 de marzo de 2025, para realizar as súas residencias entre abril e novembro deste ano.
Toda a información pode atoparse na web do proxecto, http://www.atopemonosbailando.com/