DEPUTADOS PROVINCIAIS DE LUGO E OURENSE XUNTO CO PORTAVOZ DO BNG DE LUGO, RUBÉN ARROXO, REALIZARON UNHA ACCIÓN CONXUNTA PARA "VISIBILIZAR O MAL ESTADO DAS ACTUAIS INFRAESTRUTURAS"
O BNG reclama ás distintas administracións "unha mellora integral das infraestruturas que comunican Lugo e Ourense"

Deputados provinciais de Lugo e Ourense xunto co portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, realizaron unha acción conxunta para "visibilizar o mal estado das actuais infraestruturas"
Lugo, 12 de marzo de 2025. Representantes do BNG das deputacións de Lugo e Ourense, xunto co portavoz na cidade de Lugo, Rubén Arroxo, realizaron unha acción conxunta para reclamar á Xunta e ao Estado "unha mellora integral das comunicacións entre ambas cidades" debido "á inexistencia dunha vía rápida e ao mal estado da actual N-150", segundo declarou Rubén Arroxo. O portavoz do BNG de Lugo destacou a necesidade de conectar o interior de Galiza "para vertebrar o territorio, facilitando as relacións entre as distintas poboacións do País".
O BNG destaca que xa hai varias décadas desde o deseño dun mapa de estradas para a comunicación viaria na Galiza. Este proxecto contemplábase a necesidade de dotar ao interior dunha autovía que conectase as cidades de Lugo e Ourense, posibilitando a relación económica e social entre a zona Cantábrica e Norte de España co Sur de Galiza e co Norte de Portugal.
"Malia o tempo transcorrido e a importancia económica e social da devandita autovía, non está previsto o remate e entrada en funcionamento da infraestrutura, só hai activo un treito de menos de 10 km", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "é preciso avanzar e mellorar as comunicacións enter Lugo e Ourense, unha necesidade básica para o desenvolvemento económico e social do interior de Galiza".