Rubén Arroxo presenta o proxecto de humanización do Carril das Flores, "unha mellora estética integral dunha das zonas con máis potencial da cidade"
A rúa Carril das Flores converterase nunha plataforma única con novos espazos verdes e zonas de convivencia, ademais de renovar os servizos da rúa
Arroxo: "Con este proxecto melloramos un dos espazos da cidade que máis necesidade tiñan dunha reforma integral e avanzamos na creación do gran eixo de mobilidade peonil leste-oeste de Lugo"
O orzamento proxectado para ambas intervencións ascende a 1.148.978,51€, mentres que a tenencia de Alcaldía continúa a traballar na adquisición da casa en ruínas ubicada na esquina de Carril das Flores con Montero Ríos, "o que nos permitirá ampliar o proxecto e que esta actuación contemple a mellora integral da zona"