ALEXANDRE PENAS: "TRÁTASE DUNHA ACTUACIÓN DE MANTEMENTO QUE REALIZAMOS PERIODICAMENTE E QUE MELLORA ENORMEMENTE A IMAXE DUN ELEMENTO QUE SE PODE ATOPAR POR TODAS AS RÚAS DE LUGO"
A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público municipal mellorando a imaxe das farolas da cidade

Alexandre Penas: "Trátase dunha actuación de mantemento que realizamos periodicamente e que mellora enormemente a imaxe dun elemento que se pode atopar por todas as rúas de Lugo"
Durante os últimos anos, o Goberno de Lugo renovou gran parte da rede de alumeado público de Lugo, "apostando polas luminarias LED que reducen o consumo eléctrico"
Lugo, 23 de febreiro de 2025. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións para mellorar a imaxe da rede de alumeado público de Lugo. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, explicou que "estamos a traballar no repintado das farolas, unha actuación que permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumplen un importante papel na decoración da vía pública".
Alexandre Penas lembrou que "desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público", e engadiu "nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e reducindo as zonas escuras".
"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e dos accesos aos mesmos, aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños", explicou Rubén Arroxo, que lembrou que a área de Mobilidade e Infraestruturas planifica as intervencións de mellora dos espazos públicos segundo as peticións e solicitudes veciñais e cun importante traballo de visitas aos barrios.