O TENENTE ALCALDE DESTACOU QUE OS TRABALLOS "ESTÁN PRÁCTICAMENTE REMATADOS, A VECIÑANZA XA PODE DESFRUTAR DO NOVO MURO HUMANIZADO"
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan con veciñas e veciños o muro de Frai Plácido Rei Lemos

O Tenente Alcalde destacou que os traballos "están prácticamente rematados, a veciñanza xa pode desfrutar do novo muro humanizado"
A nova estrutura está dividida en diferentes bancais, que eliminan as barreiras arquitectónicas, creando novas novas zonas verdes e un novo paso accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía
Lugo, 21 de febreiro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas visitaron xunto con veciños e veciñas da rúa Frai Plácido Rei Lenmos o muro que o Goberno de Lugo está a reconstruír. O Tenente Alcalde destacou que os traballos están "practicamente rematados" e que a veciñanza xa pode desfrutar desta nova infraestructura "a falta só de que se instale o mobiliario público e se fagan os últimos remates da obra".
"Crearemos un percorrido accesible para toda a veciñanza creando unha rampa accesible pola fronte do muro, na zona que parte do final do Paseo Vila de Foz, que remate na rúa Cidade de Viveiro, conectando o barrio de Recatelo co Parque sen barreiras arquitectónicas, avanzando nunha cidade máis accesible para todas as persoas", declarou o Tenente Alcalde.
A reconstrucción mellorou a integración paisaxística do muro, ao mesmo tempo que eliminou a barreira arquitectónica que anteriormente ocasionaba a diferencia de cotas, aplicando criterios como a o respecto polo entorno e a calidade estética da solución. A diferencia de alturas foi resolta cunha solución máis orgánica e integrada que a previa, "escalonando o muro en distintos bancais, o que reduce o impacto visual da estrutura", explicou Rubén Arroxo.
No primeiro dos bancais, o máis próximo á rúa Frai Plácido Rei Lemos, construíuse unha zona completamente axardinada, "creando unha nova zona verde na cidade para o desfrute de toda a veciñanza, e avanzando no obxectivo de crear un gran pulmón verde nas rúas de Lugo, reducindo a temperatura do pavimento especialmente nos días de máis calor", afirmou Rubén Arroxo. O segundo dos bancais conta cunha praza arbolada, plantexada como un pequeno espazo de descanso para a veciñanza. Este bancal permitirá dar unha imaxe máis orgánica ao conxunto ao mesmo tempo que consigue unha mellor integración do muro coa contorna e reduce o impacto paisaxístico.