FERREIRO: "OS CONTRATOS DE CASETAS E CALDEIROS PODENSE PRORROGAR ESTE ANO 2025 E TIVEMOS O PRIMEIRO CONTACTO PARA QUE AS FESTAS SEXAN UN ÉXITO EN TODOS OS ASPECTOS"
Maite Ferreiro reunese con adxudicatarias das casetas e caldeiros do polbo de cara ao San Froilán 2025

Ferreiro: "Os contratos de casetas e caldeiros podense prorrogar este ano 2025 e tivemos o primeiro contacto para que as festas sexan un éxito en todos os aspectos"
"O polbo é dun principais atractivos do San Froilán que son as Grandes Festas do Outono Galego", indicou a edil de Cultura do concello de Lugo
Lugo, 09 de abril de 2025. A concelleira responsable das festas do San Froilán de Lugo, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza coas persoas que levan, ata agora, a concesión das casetas e dos caldeiros do polbo instalados na zona do parque durante as festas de San Froilán. Ferreiro sinalou que "os lugares previstos para as casetas e caldeiros do polbo eran catro pero xa levamos anos en que o concello saca este cuarto espazo a concurso sen que ninguen se presente".
Na xuntanza trataronse aspectos como o prezo de produtos básicos, regulado polo concello de Lugo, con prezos públicos establecidos ata agora de: ración 250 gr. de pulpo a 14 euros, ración 200 gr. de pan a 1,50 €, a ración 200 gr. de "cachelos", 2 euros e 3/4 de litro de viño de mesa, 6 €. A edil Maite Ferreiro explicou que "os contratos de casetas e caldeiros podense prorrogar este ano 2025 e tivemos o primeiro contacto para que as festas sexan un éxito en todos os aspectos".
Ata o momento son tres os caldeiros e casetas que se instalán nas festas e situanse nas costas do Parque de Rosalia de Castro, baixo a supervisión do concello e cargo de Aurora do Carballiño, Ramiro López e Nadela. Estes espazos non só ofrecen racións de polbo á feira, permiten gozar doutros produtos típicos da gastronomía galega, como os cachelos, que acompañan ao polbo, ou os viños galegos ademais de postres e outras viandas.