ARROXO: "DENDE O CONCELLO COLABORAMOS CON UN EVENTO QUE VAI MARCAR O FUTURO DE MOITAS RAPAZAS E RAPACES DA CIDADE"
O Tenente Alcalde e a Concelleira de Educación, entre outras autoridades, acudiron á inauguración da II Feira de Educación, Formación e Emprego

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle esta cita na que está prevista a asistencia de 6.000 visitantes ao longo de dúas xornadas
Arroxo: "Dende o concello colaboramos con un evento que vai marcar o futuro de moitas rapazas e rapaces da cidade"
Lugo, 09 de abril de 2025. O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo será o escenario dende hoxe e ata o día 10 de abril, da II Feira de Educación, Formación e Emprego, unha cita que Rubén Arroxo definiu como clave e "que vai marcar o futuro de moitas rapazas e rapaces da cidade que están a piques de iniciar a súa etapa de formación superior" .
A II Feira de Educación, Formación e Emprego abrirá as súas portas ambos días en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. A feira, que chega á súa segunda edición co apoio da Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo, prevé recibir máis de 6.000 visitantes ao longo das dúas xornadas.
O evento contará coa participación de 23 centros educativos galegos, ademais dun posto específico de Formación Profesional e outro dedicado a programas creativos ademáis, terán cabida diversa ofertas educativas e profesionais. Tamén estarán presentes as tres universidades galegas, xunto con outras institucións académicas a nivel nacional.
O evento forma parte do novo calendario de feiras Galicia Educa, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Contará coa colaboración do Excmo Concello de Lugo na edición a celebrar a partir de hoxe no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.