O TENENTE ALCALDE RECLAMOU "PREMURA" NA SOLUCIÓN DOS VERQUIDOS DE AUGA OCASIONADOS POLA CONSTRUCCIÓN DO APARCADOIRO DA AVENIDA DE BREOGÁN: "AS CHOIVAS DO PASADO VENRES AMOSARON A SERIEDADE DO PROBLEMA"

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que solucionar canto antes os problemas do acceso ao barrio de Casás"

O Tenente Alcalde reclamou "premura" na solución dos verquidos de auga ocasionados pola construcción do aparcadoiro da Avenida de Breogán: "as choivas do pasado venres amosaron a seriedade do problema"

Rubén Arroxo: "A obra executada pola Xunta non pode xerar problemas na contorna"

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que solucionar canto antes os problemas do acceso ao barrio de Casás"



Lugo, 14 de abril de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou á Xunta "que inicie canto antes" a reparación dos verquidos de augas existentes nos accesos ao barrio de Casás producidos pola construcción do aparcadoiro da Avenida Breogán. Arroxo afirmou que "esta obra creou problemas serios, impedindo o acceso a todo un barrio ao verter augas ao único acceso", e engadiu "a obra foi executada pola Xunta de Galiza, e é esta administración a responsable de eliminar os problemas creados ás veciñas e veciños".

A obra executada deixou os verquidos de augas directamente cara a un dos principais accesos ao barrio de Casás, o que impide que a veciñanza poida acceder ás súas vivendas especialmente en días de choiva. Arroxo reclamou "premura" á Xunta de Galiza "para poñer unha solución definitiva a esta situación antes de que a situación vista o pasado venres se repita".

Arroxo lembrou que a Xunta anunciou en outubro de 2024 que se ía realizar esta intervención. "Estamos xa en abril de 2025, e vemos como cada vez que chove o barrio de Casás queda incomunicado", explicou. O Tenente Alcalde destacou que este problema "vense denunciando por parte da veciñanza desde o comezo das obras", e destacou que "é preciso reformular o tratamento das augas pluviais para que este investimento de máis dun millón de euros non supoña o illamento da veciñanza de Casás".

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que solucionar canto antes os problemas do acceso ao barrio de Casás"