CRISTINA LÓPEZ: "REALIZAMOS UNHA SERIE DE ACTUACIÓNS DE MANTEMENTO QUE NOS PERMITEN MELLORAR A IMAXE DESTA IMPORTANTE INSTALACIÓN"

A área de Participación mellora as instalacións da Casa das Asociacións

Cristina López: "Realizamos unha serie de actuacións de mantemento que nos permiten mellorar a imaxe desta importante instalación"

O Goberno de Lugo inviste máis de 3.000€ nas distintas actuacións

A área de Participación mellora as instalacións da Casa das Asociacións




Lugo, 12 de decembro de 2024. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións na Casa das Asociacións, ubicada no Parque da Milagrosa. Esta instalación conta cunha serie de locais cedidos para uso de asociacions de interese social e entidades sen ánimo de lucro operativas en Lugo.

Cristina López destacou a importancia desta instalación municipal "que permite a moitas asociación sen ánimo de lucro contar cun espazo para organizar as súas actividades", e engadiu "desde a área de Participación mantemos o noso compromiso co tecido asociativo da cidade, garantindo o bo estado desta instalación municipal".

O Goberno de Lugo inviste 3.863€ na adecuación dos espazos, principalmente traballos de pintura, que se realizarán en distintas zonas da instalación, como o vestíbulo, a sala de ximnasia, os aseos ou os corredores. Ademais da renovación da pintura, repararanse as paredes e os teitos que amosan desconchóns e eliminaranse os carteis antigos.

A área de Participación mellora as instalacións da Casa das Asociacións