MONTSE VALCÁRCEL LAMENTOU "O ABANDONO AO QUE O PP TEN SUMIDO A CASTRO DE REI"
PP rexeita todas as emendas, presentadas polo BNG, aos orzamentos da Xunta e segue coa discriminación á veciñanza de Castro de Rei
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/bnglugocentro/images/2024/12/12/2024121214391458321.jpg)
Montse Valcárcel lamentou "o abandono ao que o PP ten sumido a Castro de Rei"
Castro de Rei, 12 de decembro de 2024. A deputada do BNG, Montse Valcárcel, presentou no Parlamento galego varias emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para mellorar deficiencias que á veciñanza de Castro de Rei lle fixo chegar ao grupo local do BNG.
Todas as emendas presentadas polo BNG foron rexeitadas. A deputada nacionalista visitou Castro Riberas de Lea para informar deste rexeitamento por parte da Xunta de Galiza e intercambiando coa concelleira do BNG, Olga García, impresións sobre o abandono ao que o goberno do PP na Xunta de Galiza e no goberno local teñen sumido ao concello de Castro de Rei.
Entre as presentadas atopábase o dotación dun ximnasio para o CEIP Veleiro Campo, pois as crianzas que asisten a este centro non contan cunha instalación interior para realizar a actividade de educación física.
A veciñanza de Castro de Rei, a través do BNG, tamén solicitaba á Xunta de Galiza o acondicionamento da zona deportiva de Castro de Ribeiras de Lea, pois esta presenta unhas condicións de deterioro moi alarmantes polo que se solicitaba o arranxo e acondicionamento das pistas de baloncesto, exterior da piscina municipal e aparcadoiro do municipal Arturo Pereiro.
A deputada nacionalista do BNG, Montse Valcárcel, reclámalle ao PP "que deixe de discriminar ao concello de Castro de Rei, as propostas presentadas son necesidades veciñais".
O BNG tamén se fixo eco das reclamacións das parroquias de Castro de Rei para facer un plan para ter unha rede de abastecemento de auga en todas as parroquias, asi como mellorar a decantación e depuración da redes existente pois ao longo do ano danse moitos problemas coa calidade da auga.
O BNG seguirá a esixir melloras e investimentos para Castro de Rei porque "temos claro que o PP ten abandonada á veciñanza de Castro de Rei" denunciou Valcárcel.