O CONCELLEIRO DO BNG CRITICOU A ACTUACIÓN QUE A XUNTA DEFINE COMO "INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA" E QUE EMPEORA A IMAXE DA ZONA AFECTADA DIRECTAMENTE POLA PLANTA DE BIOMETANO DE COESES

Alexandre Penas: "A Xunta malgasta preto de 50.000€ para colocar céspede artificial na rotonda da estrada de Portomarín"

O concelleiro do BNG criticou a actuación que a Xunta define como "integración paisaxística" e que empeora a imaxe da zona afectada directamente pola planta de biometano de Coeses

Penas afirmou que desde o BNG "seguiremos defendendo á veciñanza afectada pola planta de biometano ata conseguir paralizar este proxecto nocivo para Lugo"

Alexandre Penas: "A Xunta malgasta preto de 50.000€ para colocar céspede artificial na rotonda da estrada de Portomarín"

 

 

Lugo, 13 de decembro de 2024. O BNG critica que a Xunta malgaste preto de 50.000€ na retirada do céspede natural da rotonda da estrada de Portomarín ubicada no acceso ao barrio da Ponte para colocar céspede artificial. O concelleiro do BNG no Concello de Lugo, Alexandre Penas afirmou que "mentres que desde o BNG tratamos de aumentar as zonas verdes e as zonas de céspede na cidade, a Xunta elimina as poucas que son da súa competencia". 

Penas afirmou que "a Xunta continúa a maltratar á zona afectada directamente polo proxecto de planta de biometano de Coeses", e criticou que o proxecto que executou a Xunta nesta rotonda "se intente vender como unha integración paisaxística, cando está a empeorar a imaxe dun dos accesos a Lugo". 

O BNG defende que a mellor opción é paralizar o proxecto de planta de biometanización previsto para coeses, comezando por que a Xunta retire a clasificación de iniciativa empresarial prioritaria. Esta declaración permiter reducir os tempos de trámites como a Avaliación de Impacto Ambiental, "que se fará pola vía rápida se a Xunta mantén esta declaración", explicou Alexandre Penas, que engadiu "esta declaración fíxose cun proxecto que recoñece emisións de cheiros e gases contaminantes á veciñanza da contorna".

A empresa recoñece no seu proxecto para a construcción da planta que emitirá cheiros e gases contaminantes e o verquido de 76,7 m³ de augas residuais ao regato de Vilalbite con posterior deprazamento ao río Miño. O tratamento destas xa augas foi considerado ineficiente por parte da CHMS, o que fixo que este proxecto fose informado desfavorablemente dado que este regato conta con pouco caudal de auga, especialmente nos meses estivais.

Alexandre Penas: "A Xunta malgasta preto de 50.000€ para colocar céspede artificial na rotonda da estrada de Portomarín"