EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS, SEGURIDADE VIARIA ERAN AS PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS DA VECIÑANZA DE GUITIRIZ

O BNG de Guitiriz denuncia que este concello non conta para o PP nos orzamentos do 2025 da Xunta de Galiza

Equipamentos deportivos, seguridade viaria eran as principais reivindicacións da veciñanza de Guitiriz

"Véñense apreciando algunhas deficiencias que deberán ser corrixidas por Educación como a necesidade dun peche perimetral na parte superior dos laterais do pavillón do instituto IES Díaz Castro, para evitar que entre a auga nas pistas cando chove", explica Montse Valcárcel

O BNG de Guitiriz denuncia que este concello non conta para o PP nos orzamentos do 2025 da Xunta de Galiza

 

 

Guitiriz, 13 de decembro de 2024.- deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Valcárcel visitou o concello de Guitiriz acompañada polos concelleiros do Bng, Mónica Roca e Afonso Losada para informalos do rexeitamento da Xunta de Galiza das emendas que o BNG de Guitiriz presentou aos orzamentos da Xunta para o 2025 que tiñan a ver con aspectos substanciais que, de aprobarse, incidirían moi positivamente na calidade de vida das veciñas e veciñode Guitiriz, ao afectar á educación, á seguranza viaria entre outros.

Así, demandarase a mellora do arranxo do teito e do peche perimetral na parte superior dos laterais do pavillón do instituto IES Díaz Castro, para evitar que entre auga nas pistas "É unha actuación imprescindíbel para mellorar o lugar onde a rapazada ten que facer educación física", afirmou Montse Valcárceldeputada nacionalista do BNG.

Así mesmo tamén se solicitara a mellora da seguranza viaria na LU-170 entre Momán e Xermade e a rozas das vías de servizo nesta estrada no municipio de Guitiriz.

Tamén se tiña reclamado a supresión das curvas perigosas existentes na LU-242 entre os KM 0,8 e 0,9, nas chamadas curvas do "Rio pequeno" o que " melloraría o acceso á vila de Parga e que son unhas curvas bastante perigosas" concreta a deputada nacionalista.

E nun ano no que se evidenciou máis que nunca a falta de recursos na sanidade galega, bótase en falta partidas orzamentarias para a dotación de persoal preciso no Centro de Saúde de Guitiriz, a dotación para o funcionamento ordinario do consultorio de Parga para ofrecer un servizo óptimo a veciñanza e a reposición da atención pediátrica que xa estaba compartida cos concellos de Begonte e Rábade e que se suprimiu por completo.

Neste concello existe un grave problema de vivenda, por iso lle presentamos unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza para a creación de vivenda pública que permita que a mocidade se asente neste concello, pero esta claro que a Xunta de Galiza o concello de Guitiriz impórtalle moi pouco e teno completamente abandonado.

O BNG de Guitiriz denuncia que este concello non conta para o PP nos orzamentos do 2025 da Xunta de Galiza