“Dende o Concello traballamos nunha nova ordenandanza para a regulación de circulación” explicou Arroxo

Rubén Arroxo na reunión telemática
Rubén Arroxo na reunión telemática

Rubén Arroxo reuniuse con persoal técnico e especialistas ademais de concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas

Segundo Arroxo “adaptaremos a ordenaza para potenciar o transporte público e unha mobilidade máis ecolóxica ”

“Dende o Concello traballamos nunha nova ordenandanza para a regulación de circulación” explicou Arroxo

Lugo, 5 de marzo de 2021. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, reuniuse está mañá con persoal técnico e especialistas para avanzar na creación dunha nova ordenanza de circulación municipal. A anterior ordenanza foi publicada no BOP nº 288 de 17 de decembro de 2012 e quedou obsoleta en parte do seu articulado debido ás modificacións de normativa feitas pola propia DXT. A xuntanza foi telemática e foi a primeira das que se manterán ata o remate deste proceso que ten como obxectivo unha nova ordenanza de circulación municipal.

Segundo Arroxo “adaptaremos a ordenaza para potenciar o transporte público e unha mobilidade máis ecolóxica e impulsaremos o transporte urbano, o uso da bicicleta e procuraremos reducir o uso do vehiculo particular”. O persoal técnico muncipal desenvolverá esta normativa e estase a traballar cun grupo de especialistas e este ámbito para que “a ordenanza resultante satisfaga as necesidades dunha cidade amable coas persoas e digna do século XXI”.

Para o tenente alcalde, Rubén Arroxo, “trátase de de integrar, nesa nova normativa, o cumprimento das novas normativas que se foron ditando dende a DXT e a realidade da cidade de Lugo”. “Temos unha clara orientación cara un transporte pensado nas persoas, máis ecolóxico e que permita a vida na cidade e sen máis coches que os necesarios” dixo Arroxo. Na creación desta nova ordenanza de circulación vaise apostar por “cuidar e adaptar a normativa para que as bicicletas poidan transitar” dixo Rubén e engadiu “temos que adaptar a ordenanza para que os vehículos a motor como os patinetes respecten ás persoas e a nova normativa se adapte as ordenanzas da DXT.

“Dende o Concello traballamos nunha nova ordenandanza para a regulación de circulación” explicou Arroxo