A Comisión de Tráfico aproba varias modificacións na circulación deseñadas pola área de Mobilidade

Rubén Arroxo: “na comisión aprobamos modificacións moi necesarias que nos solicitou a veciñanza en múltiples ocasións”

Modificarase a circulación na contorna do colexio de Albeiros “para mellorar a seguridade peonil

A Comisión de Tráfico aproba varias modificacións na circulación deseñadas pola área de Mobilidade

Lugo, 03 de marzo de 2021. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, estivo presente esta mañá nunha xuntanza da Comisión Municipal de Tráfico onde se aprobaron unha serie de modificacións da circulación no entorno urbano de Lugo que servirán, segundo indicou Rubén Arroxo, “para mellorar a fluidez do tráfico e aumentar a seguridade peonil en distintas zonas da cidade”. O edil de Mobilidade explicou que “hoxe aprobamos unha serie de modificacións de tráfico no entorno da Rúa Alba, no Colexio de Albeiros e na zona das rúas Oribio, Cabe e San Lourenzo, procedentes de peticións veciñais”.

Rubén Arroxo explicou que na zona do colexio de Albeiros se realizará “unha importante modificación da circulación que servirá para dar máis seguridade a unha zona escolar que carece de pasos de peóns axeitados, algo que foi solicitado en diversas ocasións polas familias que acuden ao centro”. Esta reordenación afectará ás rúas do Xenebro, Garaballa de Arriba (treito sen beirarrúas) e Rúa Illa de Ons, e instalarase sinalización horizontal de banda de preferencia de tránsito peonil. A Rúa Xenebro pasará a ser de sentido único dende Rúa Illa de Ons ata a conexión coa vía de servizo da Ronda Norte (Garaballa de Arriba) e habilitarase unha banda de preferencia de uso peonil na marxe dereita, que continuará no treito da vía de servizo da Ronda Norte dende a glorieta (Garaballa de Arriba ata o CEIP Albeiros), percorrendo a mesma dende a Ronda Norte ata o CEIP Albeiros. Na rúa Illa de Ons, dende a Rúa Pardillo ata a Rúa Xenebro, modificarase a circulación, quedando en sentido único e percorrendo a vía dende a Rúa do Pardillo ata a Rúa Xenebro, con banda de preferencia de uso peonil na marxe dereita. O tramo da Rúa Xenebro comprendido entre Rúa Illa de Ons e Rúa Dolmen manterá o dobre sentido de circulación para o tráfico rodado, con banda de preferencia peonil na marxe dereita.

Na contorna da rúa Alba reordenarase o tráfico entre as rúas Juana La Loca e Rei Chiquito. O treito de Flor de Lirio entre R/ Juana La Loca e Rei Chiquito en sentido único (nese sentido de percorrido). Rei Chiquito, entre Flor de Lirio e Mar Cantábrico, quedaría en dobre sentido, tal como está agora, mentres que entre Flor de Lirio e a Rúa Alba quedaría de sentido único (nese sentido de percorrido). A Rúa Alba, no treito entre Rei Chiquito e Flor de Lirio quedaría en sentido único (ese sentido de percorrido).

A área de Mobilidade realizará tamén o cambio de sentido da rúa Oribio (dende Perpetuo Socorro ata Río Cabe), estendendo o dobre sentido de circulación en Río Cabe no treito que vai de Río Támoga ata rúa San Lourenzo e cambiando de sentido a Rúa San Lorenzo, permitindo a incorporación dende a mesma ata a Avenida da Coruña sen regulación semafórica. Por último, realizarase a unidireccionalidade da rúa Ferreiriño, en sentido á Avenida da Coruña, “respondendo tamén a unha solicitude da veciñanza dado que se trata dunha rúa moi estreita”, explicou Rubén Arroxo.

Plan de Tráfico da Mosqueira

Rubén Arroxo informou do inicio dos traballos previos á aplicación do novo plan de tráfico da zona da Mosqueira. “Os traballos que se están a realizar serven para preparar a rede semafórica de cara á aplicación do novo plan de tráfico unha vez se inicien as obras” declarou Rubén Arroxo, que lembrou que afirmou que "a nova ordenación das rúas permitirá tamén gañar algo máis de 100 prazas de estacionamento a menos de 5 minutos a pé do centro da cidade".

 

O cruce entre a rúa Vilalba e Ramón Ferreiro pasará a ter unha rotonda que axilizará o tráfico que continuará pola avenida Rodríguez Mourelo ou pola avenida Ramón Ferreiro, mentres que a avenida alcalde Anxo López Pérez cambiará de sentido.

 

Para continuar cara a San Roque, deberá collerse a rúa Salvador de Madariaga, que cambiará de sentido, continuando pola praza de Bretaña e a Rúa Dinán, que será dun só sentido e na que se poderá coller a rúa das Hermanitas para chegar a San Roque ou a rúa Cidade de Vigo, que cambiará tamén de sentido para comunicar, mediante o treito da praza da Constitución próximo á estación de autobuses co colexio Maristas e co aparcadoiro disuasorio do seminario menor.

A Comisión de Tráfico aproba varias modificacións na circulación deseñadas pola área de Mobilidade