Rubén Arroxo reúnese coa ONCE para “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual”

Xuntanza coa ONCE
Xuntanza coa ONCE

O Tenente de Alcalde afirmou que “abrimos unha nova vía de colaboración para reducir as dificultades ás que se enfronta a veciñanza a diario”

Da área de Mobilidade dependen servizos como o transporte urbano, mantemento dos sinais acústicos na rede semafórica e beirarrúas

Rubén Arroxo reúnese coa ONCE para “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual”

Lugo, 04 de marzo de 2021. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza xunto con persoal técnico da ONCE e a súa delegada en Lugo para, segundo explicou Rubén Arroxo, “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual en cuestións como o transporte urbano ou a rede semafórica”.

A área de Mobilidade e Infraestruturas, dirixida por Rubén Arroxo, é a encargada de servizos importantes para toda a veciñanza, e especialmente no caso de persoas discapacidade visual, como son os sinais acústicos da rede semafórica ou o mantemento das beirarrúas, “nos últimos meses levamos a cabo unha actuación importante neste eido, adaptando os rebaixes de varios pasos de peóns para mellorar a accesibilidade”, lembrou Arroxo.

O Tenente de Alcalde afirmou que “con esta xuntanza abrimos desde a área de Mobilidade e Infraestruturas unha nova vía de colaboración de cara a conseguir unha cidade máis amable coas persoas”, e engadiu que “desde a área de Mobilidade e Infraestruturas proxectamos as actuacións tratando de garantir que toda a veciñanza poida desfrutar dos espazos públicos”.

 

Rubén Arroxo reúnese coa ONCE para “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual”