UNHA MULTITUDE DE MONTÓNS DE TERRA E BARANDAS DE PLÁSTICO OCUPAN A BEIRARÚA SEN QUE SE FIXERA NADA DENDE OUTUBRO DO PASADO ANO
“Dende o San Froilán está sen amañar a rede de auga na rúa Frai Plácido Rei Lemos” dixo Arroxo
Para o BNG este un exemplo deste goberno que “non é capaz nin de resolver as propias varías, nunha rúa próxima ao centro e ao parque de Rosalía”
Lugo, 1 de abril de 2019. Rubén Arroxo criticou a “inacción” do goberno municipal “non son capaces nin de arranxar unha obra que quedou sen rematar en outubro do ano pasado e que está no centro da cidade”. Arroxo explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona.
“Unha multitude de montóns de terra e barandas de plástico ocupan a beirarúa sen que se fixera nada dende outubro do pasado ano” salientou Arroxo. Cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continúan ser rematar “producindo importantes molestias para as persoas que transitan pola zona e ofrendo unha imaxe nefasta da zona”