Educación publica as listas definitivas das axudas para libros de texto e material escolar

Felipe Rivas e Rubén Arroxo, arquivo.
Felipe Rivas e Rubén Arroxo, arquivo.

Felipe Rivas: "as axudas contribuirán a garantir que moitas nenas e nenos teñan acceso ao material necesario"

As familias beneficiarias poderán recoller os vales entre o 11 e o 22 de xaneiro

Educación publica as listas definitivas das axudas para libros de texto e material escolar

Lugo, 09 de xaneiro de 2021.O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listas definitivas das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. "Por segundo ano consecutivo melloramos o tempo necesario para realizar este trámite", declarou Felipe Rivas, que engadiu "desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".

A concellería de educación destina un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope en 5.973,89€, preto do 80% do IPREM.


As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal, e as persoas beneficiarias terán de prazo entre o 11 e o 22 de xaneiro para achegarse ás oficinas de Educación a recoller o vale. Como medida para evitar aglomeracións, derivada da situación sanitaria, as beneficiarias co primeiro apelido comece entre o A e o L recollerán o vale nos días impares (11, 13, 15, 19 ou 21) e entre o M e o Z os pares (12, 14, 18, 20 ou 22). Dende a recollida do vale, as beneficiarias/os teñen 10 días hábiles para empregalos na libraría escollida.

 

Educación publica as listas definitivas das axudas para libros de texto e material escolar