Efrén Castro e Iria Castro, elixidos deputados provinciais por Lugo do BNG

O acto contou con concelleiros das localidades da XEZ de Lugo para votar á elección de deputados provinciais

O concelleiro de Sarria e a concelleira en Castroverde foron os elixidos deputados por unanimidade no proceso

Efrén Castro e Iria Castro, elixidos deputados provinciais por Lugo do BNG

Lugo, 21 de xuño de 2023.- Efrén Castro Caloto e Iria Castro Fernández serán os representantes do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Lugo a partir da conformación da corporación provincial.

No acto que se celebrou hoxe no xulgado de Lugo onde as concelleiras e concelleiros electos da xunta electoral de zona de Lugo elixiron aos deputados provinciais acadados tras as eleccións municipais do 28 de maio, onde o BNG acadou dúas actas. Ademais de ser referendadas polos correspondentes órganos da fronte nacionalista.

Deste xeito, o BNG fai unha aposta pola renovación e a continuidade do grupo provincial na Deputación de Lugo. O papel do BNG será clave para a gobernabilidade da institución.

Efrén Castro Caloto é o actual voceiro do BNG no concello de Sarria e foi o portavoz provincial do BNG no mandato 2019-2023 e foi encargado dentro da vicepresidencia da Deputación a área de Deportes, Artesanía e Deseño, Memoria Histórica.

Iria Castro Fernández, actual concelleira do BNG en Castroverde. É licenciada en Tradución e Interpretación e mestrado en Comercio Internacional. Actualmente traballa como tradutora e intérprete autónoma e ocupa o cargo de vicepresidenta da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación).

Efrén Castro e Iria Castro, elixidos deputados provinciais por Lugo do BNG