Efrén Castro “É momento de pór medidas reais sobre a mesa para paliar os efectos desta crise”
O BNG de Sarria propón un plan de reconstrución económica e social.
O voceiro nacionalista insta ao goberno municipal a convocar un pleno.
Sarria, 12 de maio de 2020.- O voceiro municipal do BNG en Sarria, Efrén Castro, suxeriu ao goberno municipal unha batería de medidas para facer fronte aos efectos socioeconómicos da crise do COVID-19, os cales xa estanse a notar na veciñanza sarriá.
Neste sentido, propón un plan en materia impositiva e fiscal -alá onde cheguen as competencias municipais- na que se desenvolvan aprazamentos, fraccionamentos ou condonacións. Tamén, un plan de reactivación económica baseado no impulso ao comercio local e de proximidade. Por último, a creación dun bono social para persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Efrén Castro declarou “é momento de pór medidas reais sobre a mesa para paliar os efectos desta crise, nestes momentos debemos buscar acordos que cimenten a reconstrución económica e social de Sarria”.
O bloque tamén insta á Xunta de Galiza a tomar medidas neste sentido, a través dun Plan galego de reconstrución no que se habilitan, por exemplo, axudas a autónomos e pemes como a ampliación do Xacobeo até o 2022.
Efrén Castro subliñou a necesidade da celebración dun pleno para axilizar, canto antes, a aprobación de medidas para as familias e empresas de Sarria “o BNG ten vontade construtiva, cremos que a celebración dun pleno canto antes é totalmente necesario para ofrecer solucións as necesidades que a nosa veciñanza xa precisa”