Faustino Díaz “Tino”, candidato do BNG á alcaldía de Baleira
Xosé Antón Cando, Andrea Gallego e Óscar Lage ocuparán os seguintes postos
Faustino Díaz “BNG sae a estas eleccións cunha equipa con capacidade e ambición de facer de Baleira un concello mellor”
Baleira, 25 de abril de 2023.-A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Baleira elixiu por unanimidade a Faustino Díaz Díaz “Tino” como candidato á alcaldía de Baleira.
Faustino Díaz Díaz “Tino” é o responsábel local do BNG, é xubilado e veciño de Esgrade.
Ademais contará no segundo posto da candidatura con Xosé Antón Cando, escritor e informático, natural de Candín. No terceiro, Andrea Gallego, natural de Millares, é médica de familia xubilada, presidenta de deontoloxía do colexio médico de Lugo e vogal do comité de bioética de Galiza. E no cuarto lugar, óscar Lage, empregado dun estabelecemento agro-comercial e natural de Barcias.
Tino Díaz declarou “o BNG sae a estas eleccións cunha equipa con capacidade e ambición de facer de Baleira un concello mellor; temos que deixar de lado a pasividade e poñer a fronte do goberno municipal, un equipo que cumpra con rigor, honestidade e traballo a xestión e o desenvolvemento deste concello” e incidiu “o BNG é a única alternativa capaz de facelo posíbel, o compromiso con este concello e a súa veciñanza son a forza que nos move”
De igual xeito, o candidato destacou “o BNG é a maior garantía para mellorar a vida das veciñas e veciños, alí onde goberna ou ten capacidade de goberno, demóstrao con proxectos que fan medrar a prosperidade e a confianza de contar cun lugar onde o benestar das persoas sempre é o centro das políticas”