A feira de artesanía Artenadal e a Escola Municipal de Música dan inicio ás actividades de Nadal da área de Cultura
Lugo, 19 de decembro de 2019. A Escola Municipal de Música foi a encargada de dar comezo ás actividades de Nadal organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua cun concerto de Agrupacións no patio do Vello Cárcere.
O concerto contou coa actuación dos grupos de Saxofóns, Trombóns, Bombardinos e Tubas. Ademais, actuaron as Pandeireteiras e o Grupo Tradicional, e rematou coa actuación conxunta da Banda de Música da Escola Municipal de Música e o Coro Infantil de alumnos de Linguaxe Musical.
A feira de artesanía Artenadal abriu tamén as súas portas no día de hoxe. Un total de 11 postos, que veñen desde diversos puntos da Galiza, venderán os seus produtos até o 5 de xaneiro entre as 11 e as 14:30 e de 17 a 21 horas, e pechará o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.