Felipe Rivas: “desde a concellería de Educación mantemos anualmente 89 postos de traballo”

A concellería de Educación mantén empregos nos servizos de Escolas Infantís Municipais, Comedores e Actividades Extraescolares

O edil de Educación lembrou que “durante o confinamento conseguimos que todas as traballadoras dependentes de Educación mantivesen o seu emprego”

Felipe Rivas: “desde a concellería de Educación mantemos anualmente 89 postos de traballo”

Lugo, 02 de marzo de 2021. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, fixo balance dos empregos mantidos xerados nas distintas actividades e servizos que se prestan desde a Concellería. Felipe Rivas expliocou que “desde a concellería de Educación xeramos empregos en servizos como as escolas infantís municipais, e coa oferta de comedores e actividades extraescolares”.

 

As escolas infantís manteñen un total de 22 persoas a tempo completo, aos que se suman as 6 traballadoras do servizo de limpeza, cociña e comedor das escolas infantís municipais Serra de Outes e Gregorio Sanz. A maiores, os comedores escolares supoñen 49 postos de traballo, con 35 persoas fixas das cales 20 teñen xornadas de 20 horas semanais. Por último, a concellería de Educación conta con 12 persoas para ofertar o servizo de actividades extraescolares

 

O edil de Educación afirmou que “durante o confinamento evitamos que moitas destas persoas acabasen en situación de ERTE”, e lembrou que “tras a declaración da emerxencia sanitaria, desde o Concello de Lugo decidimos manter a vixencia de todos os contratos, garantindo a estabilidade laboral de todas as traballadoras e traballadores do concello”.

Felipe Rivas: “desde a concellería de Educación mantemos anualmente 89 postos de traballo”