Felipe Rivas inaugura a exposición Camín de Madeira, de Inazio Abrao
A exposición poderá visitarse no Vello Cárcere até o 17 de abril
Lugo, 23 de xaneiro de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, inaugurou a exposición Camín de Madeira. Unha nova mostra artística que se poderá visitar no Vello Cárcere até o 17 de abril.
“É un proceso con vontade artística que xorde como unha necesidade de expresión e comunicación”, indicou o autor da exposición, Inazio Abrao, que engadiu “aquí están as árbores do propio territorio que volven á casa transformados, primeiro en madeira e despois en pezas escultóricas ou mobiliario”.
“As esculturas, ás veces, son unha forma de dar visibilidade ao traballo construtivo do moble, outras son volumes compactos, estruturas e formas racionais, que quizais conecten máis co intelecto e co urbano” indicou Inazio Abrao.