O Goberno de Lugo colabora coa edición do catálogo de Arte Urbana do IES Anxel Fole
Rubén Arroxo: “trátase dunha recopilación das distintas mostras de arte urbano que se poden atopar polas rúas de Lugo”
Lugo, 04 de setembro de 2022. O Goberno de Lugo colaborou co IES Anxel Fole na edición e impresión do catálogo de arte urbana elaborado por estudantes de 3º, 4º da ESO e 1º de BAC do instituto lucense. Arroxo mantivo unha xuntanza co persoal docente do centro que promoveu o proxecto, e entregoulles os libros editados pola área de Cultura.
Arroxo destacou o traballo realizado polas e polos estudantes do IES Ánxel Fole, e afirmou que "é unha recopilación que achega información de calidade sobre todas as mostras de arte urbano que podemos atopar polas rúas".
Arroxo destacou o papel dfestival de arte urbano Culturban, posto en marcha pola área de Cultura do Concello de Lugo, como dinamizador do arte urbano, e explicou que "co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza".