O Goberno de Lugo colabora coa iniciativa solidaria de ALUCEM e Óscar Domínguez
Rubén Arroxo presentou a iniciativa solidaria, acompañado de integrantes de ALUCEM e do propio atleta
Arroxo: ”continuamos a tender a man ao tecido asociativo de Lugo colaborar e dar visibilidade ás distintas accións”
Lugo, 25 de outubro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que o Goberno de Lugo colabora coa asociación ALUCEM na organización das 24h solidarias que desde a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple se organizan para dar visibilidade á enfermidade e ás actividades da propia asociación.
O corredor lucense de ultrafondo, Óscar Domínguez, correrá arredor da muralla durante 24 horas, entre as 11:00 do sábado 29 e as 11:00 do sábado 20. A actividade está aberta á participación da veciñanza, que poderá participar camiñando ou correndo pola muralla no momento que o desexe.
As persoas que desexen participar deben inscribirse previamente. A información pode obterse a través da web e das redes sociais de ALUCEM.