O Goberno de Lugo lembra a Paco Pestana adicándolle o banco da praza Anxo Fernández Gómez

Lugo realizou esta homenaxe recollendo a proposta dos artesáns Vanesa Díaz e Luciano Pérez, que se encargaron de destapar a placa no acto desta tarde

Maite Ferreiro: “escoitaremos as propostas do tecido cultural local e das persoas achegadas ao artista para renderlle a mellor homenaxe posible”

O Goberno de Lugo lembra a Paco Pestana adicándolle o banco da praza Anxo Fernández Gómez

Lugo, 15 de outubro de 2021. O Concello de Lugo homenaxeou hoxe ao artista Paco Pestana adicándolle un banco na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do concello. A acción executada pola área de Cultura foi promovida polos artistas locais Vanesa Diaz e Luciano Pérez, que se achegaron hoxe para descubrir a placa que o concello colocou no banco onde habitualmente se colocaba Paco Pestana, xunto con Otero Regal, que non puido acudir ao acto.

 

O acto contou coa participación de Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, acompañados de concelleiras e concelleiros do Goberno Municipal e representantes de todos os grupos con presencia na corporación. Ademais, achegáronse representantes de distintos colectivos locais relacionados coa Cultura.

 

Maite Ferreiro anunciou que “desde o Concello de Lugo realizaremos a mellor homenaxe posible a Paco Pestana”, para o que, segundo explicou a edil de Cultura “escoitaremos as propostas do tecido cultural local e das persoas achegadas ao artista”. Nos últimos días apareceron múltiples propostas a través das redes sociais, respaldadas por artistas, para lembrar a figura de Paco Pestana.

O Goberno de Lugo lembra a Paco Pestana adicándolle o banco da praza Anxo Fernández Gómez