O Goberno de Lugo realiza un novo mural na unión das rúas Portugal e Amizade
Rubén Arroxo: “continuamos a traballar para mellorar a imaxe da cidade con intervencións artísticas de muralistas recoñecidos”
A iniciativa enmárcase dentro da terceira edición do Culturbán
Lugo, 19 de xuño de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rúa . Arroxo explicou que desde o Goberno de Lugo "seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable”. O novo mural, elaborado pola artista multidisciplinar Soberina Doa Oa.
Dentro do seu proxecto artístico, chamado "Reforestando", Doa Oa pretende transformar o espazo público a través dunha intervención mural de temática vexetal co obxectivo de espertar a conciencia do respecto á contorna natural e ao reino vexetal.
A artista elixiu para a súa intervención artística en Lugo a flor “Primula Vulgaris”, unha planta que crece de maneira silvestre na provincia de Lugo en zonas húmidas, sendo unha das plantas que primeiro florecen na primavera.
Con esta proposta, Doa Oa pretende “Reforestar” e encher de vida natural os muros a través da mirada botánica, co fin de renacer o espazo e conseguir que a intervención tamén teña unha función didáctica ademais de artística.
Culturbán é mostra de arte na rúa, organizado e coordinado pola Área de Cultura do Concello de Lugo xunto a Espazo Lupa Arte que este ano celebra a súa III edición. A área de Cultura propón un proxecto dedicado a crear, producir e apoiar actividades relacionados coa arte urbana co obxectivo de propiciar e difundir a arte no espazo público, programando diversas actividades sobre arte e cultura en diferentes lugares e espazos da cidade de Lugo.