O Goberno de Lugo retoma as actividades presenciais no Parque Infantil de Tráfico
O Tenente de Alcalde e o edil responsábel da instalación, Felipe Rivas, visitaron o PIT durante as sesións desta mañá
Felipe Rivas: “todos os nenos e nenas que acoden ao PIT recibiron tamén unha sesión específica sobre seguridade viaria
Lugo, 05 de maio de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado do concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitaron o Parque Infantil de Tráfico, onde nenas e nenos de varios centros de ensino de Lugo están a desfrutar de sesións de circulación segura, dentro do programa de visitas aos colexios que dende o Parque Infantil de Tráfico se veñen de retomar despois da paralización pola situación sanitaria.
“Todos os nenos e nenas que acoden ao Parque recibiron anteriormente unha sesión específica sobre seguridade viaria no seu centro de ensino”, indicou Felipe Rivas.
“Dende a concellería de Educación realizamos estas actividades, moi solicitadas polos centros de ensino, e con popularidade entre as nenas e nenos da cidade”, indicou Felipe Rivas, que agradeceu aos centros de ensino e ao persoal do PIT a súa implicación nestas actividades.
A programación destas xornadas, están amplamente consolidadas no calendario das familias e dos centros de ensino lucenses. A concellería de Educación organiza estas xornadas “para que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias de transporte público ou privado”, afirmou o concelleiro de Educación.