Un grupo de estudantes de Enxeñería Civil visitan a Sala de Control de Tráfico
“As instalacións municipais deben estar abertas á veciñanza para que poidan coñecer o funcionamento do concello”, indicou Rubén Arroxo
Lugo, 20 de decembro de 2019. Un grupo de estudantes do grao en Enxeñaría Civil, acompañados polo Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e por persoal técnico municipal, visitaron a Sala de Control de Tráfico para coñecer o seu funcionamento. Nesta sala recíbese o sinal das cámaras repartidas polo concello e poden controlarse os semáforos para garantir a fluidez da circulación.
“As instalacións municipais deben estar abertas á veciñanza para que poidan coñecer como funciona o concello”, indicou Rubén Arroxo, e engadiu “nesta ocasión, as persoas que deseñarán as cidades do futuro puideron coñecer como se realiza o control do tráfico de Lugo”.