O BNG PREGUNTARALLE AO GOBERNO MUNICIPAL POLAS MEDIDAS TOMADAS A RESPECTO DAS DENUNCIAS E ESCRITOS PRESENTADOS DENUNCIA O MAL COIDADO DE SOLARES NA ZONA URBANA

“Hai moitas denuncias por maleza en terreos privados e o perigo de lumes é inminente” advertiu Maite Ferreiro

maleza

O BNG xa denunciara que a propia Xunta de Galiza ten terreos en pleno de centro da cidade que se atopan cheos de maleza incumprindo a normativa municipal

“Hai moitas denuncias por maleza en terreos privados e o perigo de lumes é inminente” advertiu Maite Ferreiro
Lugo, 21 de agosto 2017. O BNG pediralle explicacións ao goberno municipal polo trámite das denuncias e queixas presentadas por veciñas e veciños en relación á existencia de terreos que están cheos de maleza e incumpren a normativa municipal. “Hai moitas denuncias por maleza en terreos privados e o perigo de lumes é inminente” advertiu Maite Ferreiro e explicou que “algunhas persoas xa se puxeron en contacto co BNG por que a pesar de ter presentado escritos por rexistro e denuncias na policía local hai terreos que seguen incumprindo coa normativa de medio ambiente”.

Na ordenanza de medio-ambite do Concello de Lugo está reflectido, no punto 1º do artigo 302, que “Os propietarios de soares que linden coa vía pública deberán valalos con cerramentos permanentes situados na aliñación oficial, mantelos libres de residuos e en condicións de hixiene, seguridade e ...”. Segundo anunciou a edil nacionalista Maite Ferreiro “imos preguntar en cantos casos se aplicaron as correspondentes medidas cohercitivas ou o concello actuou de oficio para que estes predios se manteñan nas debidas condicións”. Para o BNG “o goberno municipal non pode ignorar as queixas das veciños e veciñas que se implican, a través das súas comunicacións en facer de Lugo unha cidade mellor”.

Maite Ferreiro lembrou que “no casco urbano da cidade xa se viviron diferentes episodios en espazos que, pola presenza de maleza, se converten en puntos de alto risco de incendio pola facilidade coa que se propaga o lume”. Ferreiro afirmou “temos constancia que hai queixas e denuncias por incumprimentos da ordenanza en diferentes barrios e zonas da cidade”. Neste tramo final do verán e coas altas temperatura as posibilidades de que se produza un incendio son altas.

A Tinería

O BNG xa rexistrou no mes e xuño unha solicitude formal para que o goberno municipal actuara aplicando a ordenanza de medio-ambiente, tamén, nos terreos propiedade da Xunta. A edil do BNG afirmou que “o que ocurre nos predios da Tinería que son propieade da Xunta é todo o contrario a esta disposición da ordenanza, están cheos de maleza e totalmente abandonados, ademais de crear problemas pola presencia de fauna e lixo”. Ferreiro sinalou que, tale e como marca a norma, “o concello podería, por motivo de interese público e se for necesario, asumir subsidiariamente as obrigas do propietario”. Para o BNG-AA este sería o caso da Tinería se a Xunta non atende as demandas do Concello “por que debe ser unha actuación prioritaria preservar unha zona que forma parte de bens declarados Patrimonio da Humanidade”.

“Hai moitas denuncias por maleza en terreos privados e o perigo de lumes é inminente” advertiu Maite Ferreiro