O BNG TRABALLARÁ PARA QUE O CONCELLO DE LUGO CONTE CUNHA PLANTA DE COMPOSTAXE PROPIA TAL E COMO ESTÁ PREVISTO EN DIVERSOS ACORDOS

“A implantación de illas de compostaxe e promover a reciclaxe è a clave como se demostra en Allariz” dixo Arroxo

IMG_8089

O Concelleiro de Medioambiente de Allariz e un Biólogo de ADEGA impartiron un seminario en Lugo sobre compostaxe

“A implantación de illas de compostaxe e promover a reciclaxe è a clave como se demostra en Allariz” dixo Arroxo

“A implantación de illas de compostaxe e promover a reciclaxe è a clave como se demostra en Allariz” dixo Arroxo

 

Lugo, 24 de xaneiro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, dixo que “a implantación de illas de compostaxe e promover a reciclaxe é a clave como se demostra en Allariz”. O Concelleiro de Medioambiente de Allariz e un Biólogo de ADEGA impartiron un seminario en Lugo sobre compostaxe organizado polo BNG. Tanto Bernardo Varela, do concello de Allariz, como Anxo Lamelo, de ADEGA, coincidiron na necesidade de traballar na redución de residuos a través de programas de difusión que formación entre a poboación para conseguir un menor impacto ambiental e poder acadar un menor custo social económico na xestión dos residuos.

 

O concello de Lugo está enviando, dende fai anos, os residuos á planta de SOGAMA o custo de xestión é próximo aos 70 € por tonelada para o concello de Lugo. Para o concello de Lugo é un servizo deficitario xa que o concello ingresa uns 6,6 millones de euros en recibos e paga 7,1 a Urbaser, a empresa de recollida do lixo e limpeza viaria e 2,8 a Sogama polo tratamento dos residuos. En 2017 o concello de Lugo enviou 33.500 toneladas à planta de icineración de Cerceda.

 

Neste momento o sistema de SOGAMA  está cuestionado e non acada os obxectivos mínimos en canto ás porcentaxes de reciclaxe que tiña marcadas. O obxectivo marcado pola Lei de Residuos da Xunta estaba cifrado en acadar, no ano 2020, o 50% de reciclaxe dos residuos que se reciben na planta de SOGAMA, na actualidade estase a reciclar un 11% dos residuos que chegan á planta de Cerceda, mentres que a media estatal é do 30%.

 

Arroxo sinalou que “existen suficientes modelos alternativos para a compostaxe e xestión de residuos que se poderían aplicar no concello de Lugo tanto no entorno urbano como no rural”. O BNG aposta por un Plan de xestión de residuos, baseado na reciclaxe, reutilización e recuperación, alternativo ao de SOGAMA que debería implantarse de xeito progresivo, iniciando proxectos pilotos en barrios e parroquias para despois extendelo ao resto do concello de Lugo.

 

Unha planta de compostaxe que nunca existiu

O concello de Lugo, no ano 2003, adxudicoulle á empresa URBASER a construción e explotación dunha planta de compostaxe no polígono do Ceao. O proxecto nunca se chegou a executar, pero a adxudicación está vixente. “Pasaron 15 anos dende esta adxudicación sin que se derá nin un solo paso para avanzar na compostaxe dos residuos deste concello” dixo Arroxo e sinalou “a compostaxe permitiría reducir moi considerablemente a cantidade de residuos a transportar e reduciría enormemente a factura que o concello lle ten que pagar á SOGAMA e que è pròxima aos 70 € por tonelada xestionada”.

“A implantación de illas de compostaxe e promover a reciclaxe è a clave como se demostra en Allariz” dixo Arroxo