Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da Avenida da Coruña, no cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo
Alexandre Penas: “trátase dun treito que fora cedido por un veciño”
Infraestrutura inviste 6.000€ na mellora da beirarrúa
Lugo, 11 de febreiro de 2021. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos que se están a realizar no último treito da Avenida da Coruña, fronte ao cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo. Alexandre Penas explicou que “este terreo foi cedido a finais dos anos 90 a cambio de que o Concello construíse a beirarrúa”.
A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na pavimentación do espazo con baldosa de formigón, demolendo a superficie existente e colocando baldosas sobre unha base de formigón. Na zona do paso de peóns disporase o pavimento diferenciado para este tipo de estruturas, e mellorarase o sistema de recollida de augas pluviais. En total, infraestruturas inviste 6.000€ na mellora desta beirarrúa.