Infraestruturas avanza na mellora da cidade renovando o muro da avenida Anxo López Pérez
Alexandre Penas: “continuamos a traballar na mellora dos espazos públicos da cidade”
Lugo, 06 de novembro de 2021. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas informou dos traballos que se están a realizar no muro do aparcadoiro municipal do Seminario, situado na avenida Anxo López Pérez. “Seguimos traballando na mellora dos espazos públicos da cidade, neste caso no aparcadoiro municipal ao que todas as tardes se achegan moitas veciñas e veciños”, explicou Alexandre Penas.
Os traballos que se están a realizar consisten na limpeza do muro e na eliminación das pintadas e herbas que estaban a crecer nel. Os traballos estanse a realizar tratando de evitar molestias á veciñanza da zona, e evitando ocupar demasiadas prazas de estacionamento a ocupar para desenvolver os traballos.
“Queremos mellorar os espazos públicos municipais con pequenas actuacións que non supoñen un grande custo para o concello e que melloran enormemente a imaxe das instalacións públicas e da cidade”, afirmou Alexandre Penas.