Infraestruturas realiza no 2020 medio cento de intervencións en todos os barrios da cidade

Alexandre Penas: “investimos preto de 3 millóns de euros na mellora da imaxe dos barrios”

A concellería dependente da Tenencia de Alcaldía activou durante este ano o pintado da sinalización horizontal da cidade

Infraestruturas realiza no 2020 medio cento de intervencións en todos os barrios da cidade

Lugo, 21 de decembro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, fixo balance do traballo realizado pola concellería durante o ano 2020. Alexandre Penas informou que “neste ano puxemos en marcha proxectos importantes para o futuro da cidade, como a peonalización de Quiroga Ballesteros, e realizamos actuacións de mantemento e mellora en todos os barrios e en zonas periurbanas, que serven para mellorar a accesibilidade ou aumentar a seguridade da veciñanza”.

 

A concellería de Infraestruturas, dependente da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo, realizou pavimentacións nas rúas Rei Chiquito, Romeu, do Cuartel, Couselo, Vía Láctea, Camiño de Rosende, Lumbrigante, Catón, Río Sar, vías de Castelo, Galegos e o Barrio Xuíz, Pousadela, Iglesias Otero, Estrada Vella de Santiago, Ripanzo, Bubela, Avetarda, treitos da Avenida da Coruña, Aguia, Monte Adairo e Pía Páxaro. Ademais, realizáronse traballos de mellora das beirarrúas en distintos puntos da cidade, entre os que destacan as rúas López Guntín, Armando Durán, Avenida de Madrid, Acea de Olga, Carril das Hortas, e distintas rúas do barrio da Milagrosa, onde se realizou tamén a aplicación do novo plan de tráfico, que mellorou a fluidez da circulación no barrio.

 

De cara a mellorar a accesibilidade, Alexandre Penas destacou as actuacións feitas na rúa María Castaña, onde se aplicou un tratamento antideslizante, “e a creación de 13 entornos escolares seguros, que permitiron avanzar no calmado do tráfico”.

 

Alexandre Penas destacou, tamén “a activación do pintado da sinalización horizontal da cidade, que neste ano comezou cun proxecto no que se actúa en máis de 200 rúas, e que se irá ampliando durante todo o mandato para garantir a seguridade viaria e manter a imaxe da cidade”.

Infraestruturas realiza no 2020 medio cento de intervencións en todos os barrios da cidade