“En Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h” sinalou Rubén Arroxo

Os edís do BNG

O Tenente-Alcalde explicou o cambio, dictado pola DXT, en canto á mudanza da velocidade nas rúas, cun único carril, no ámbito urbano que pasa a ser de 30 km/h

As principais rúas da cidade xa tiñan á velocidade modificada e abrirase unha nova etapa con rúas de plataforma única na que as persoas sexan protagonistas

“En Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h” sinalou Rubén Arroxo

Lugo, 10 de maio de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da mudanza de velocidade que se está a dar nas rúas cun único carril, no ámbito urbano que pasa a ser de 30 km/h. Esta modificación, dictada pola Dirección Xeral de Tráfico, afecta a todas as cidades e, segundo Rubén Arroxo, “en Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h”. Unicamente as rúas urbanas de dous carrís que teñen indicada, mediante sinalización, outra velocidade permanecen á velocidade sinalizada. Por defecnto, a partir do 11 de maio, as rúas urbanas terán unha velocidade máxima permitida de 30 km/hora.

As rúas de todos os entornos escolares e pasos de peóns que posúen un único carril xa están limitadas a 30 km/h e está sinalizado para evitar confusións. Dúas das principais vías da cidade con dobre carril, a ronda da Muralla e Ramón Ferreiro, xa estaba sinalizadas e a súa velocidade máxima permitida era de 30 km/h. Tamén  avía de Angelo Colocci, con dobre carril  ten como límite o de 30 km/ hora. Á av. de Madrid, con dobre carril, ten o límite en 40 km/ hora e xa está señalizada ademais ten zonas con numerosas rotondas.

Quedan a 50 km/hora, por que están así sinalizadas, son de dobre carril nas dúas direccións e teñen amplitude e lonxitude suficiente as rúas ronda de Fingoi, república Arxentina, Av. de Magoi (solo nas zonas de doble carril, hai zonas de carril único que son a 30 km/h), av. Afonso X e Infanta Elena. Tamén manteñen a súa velocidade orinxinal a nova Ponte Branca e gran parte do novo polígono de Fingoi. Outros viais que se manteñén son os polígonos das Gándaras e Ceao nas zonas sinalizadas a 50 km/hora de dobre carril.

“En Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h” sinalou Rubén Arroxo