A XUNTANZA PODERÁ SEGUIRSE EN DIRECTO NAS REDES SOCIAIS DA ÁREA DE CULTURA ESTE XOVES A PARTIR DAS 18 HORAS

Maite Ferreiro falará sobre cultura segura con representantes das agrupacións locais

Maite Ferreiro: “con este San Froilán demostramos que é posíbel acceder á cultura de maneira segura e respectando todas as medidas sanitarias vixentes”

Maite Ferreiro falará sobre cultura segura con representantes das agrupacións locais

Lugo, 20 de outubro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, manterá unha xuntanza con representantes de agrupacións musicais locais que participaron na semana cultural do San Froilán para conversar sobre a cultura segura e as adaptacións que se tiveron que levar a cabo para  que o San Froilán puidese saír adiante este ano. Maite Ferreiro lembrou que “Lugo vén de sacar adiante un San Froilán convertido en semana cultural que tiña como obxectivo principal garantir á veciñanza o acceso a un ben de primeira necesidade como é a cultura”.

Na palestra, titulada Como foi a semana cultural do San Froilán, Maite Ferreiro recollerá tamén as propostas de representantes das agrupacións locais que participaron  nas distintas actividades. A palestra contará coa cantante Iria Estévez, Bruno Villamor, de Cántigas e Frores, Tino López, de Lagarto Zulú, Mercedes Gómez de Skintight e Silvia Viñas de Mixtape. A conversa poderá seguirse en directo desde a páxina de Facebook da área de Cultura este xoves a partir das 18 horas.

“Desde a área de Cultura temos claro que é preciso reactivar o sector cultural despois da crise da COVID-19 ”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “a implicación de todas as agrupacións e empresas do sector cultural xunto coa gran mostra de responsabilidade que fixo a veciñanza de Lugo fixeron posíbel levar a cabo esta semana cultural sen ningún tipo de incidencia”.

Maite Ferreiro falará sobre cultura segura con representantes das agrupacións locais