Maite Ferreiro: “Lugo homenaxeará a Darío Xohán Cabana, un dos máis relevantes veciños da cidade”
A concelleira de Cultura mantivo unha xuntanza coa familia “para traballar da man de cara a lembrar a unha persoa moi relevante na defensa da lingua e da cultura galegas”
Ferreiro: “foi un orgullo para Lugo contar con Darío durante máis de 30 anos na área de Cultura”
Lugo, 23 de setembro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo vén de manter unha xuntanza con familiares de Darío Xohán Cabana “de cara a organizar unha homenaxe a Darío para recoñecer e divulgar a súa obra”.
A concelleira de Cultura explicou que “Darío Xohán Cabana foi unha das persoas máis relevantes na defensa da lingua e da cultura galegas”, e engadiu, “Lugo débelle a Darío un agradecemento pola súa implicación e pola importancia que a súa obra tivo para Lugo e para Galiza”.
Maite Ferreiro afirmou que “Lugo lembrará a Darío, un dos seus máis relevantes veciños, un artista, un académico, un magnífico escritor e tradutor e un gran compañeiro para todas aquelas persoas que tiveron a sorte de poder traballar con el”.
“Darío traballou máis de 30 anos na área de Cultura, axudando encher de actividade todos os recunchos da súa cidade”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “foi un orgullo para este Concello contar coa súa experiencia, sabiduría e bonhomía”