Maite Ferreiro presenta a mostra Arte de Portas Abertas, enmarcada no Culturban

17 artistas locais abrirán as portas dos seus obradoiros para permitir que a veciñanza poida visitar o seu traballo

A área de Cultura organiza visitas guadas con Guido Guía polos distintos obradoiros colaboradores

Maite Ferreiro presenta a mostra Arte de Portas Abertas, enmarcada no Culturban

Lugo, 15 de novembro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a mostra Arte de Portas Abertas, organizada pola área de Cultura e o Espazo LUPA Arte dentro da segunda edición do Culturban. Maite Ferreiro explicou que “queremos achegar o traballo artístico das creadoras e creadores lucenses abrindo os seus obradoiros para que toda a veciñanza poida ver as distintas etapas do proceso creativo e coñecer de primeira man o estilo de cada unha das artistas locais que colaboran nesta iniciativa”.

 

A mostra conta coa colaboración de 17 artistas, que abrirán as portas dos seus obradoiros, e 6 máis que contarán cun espazo no Vello Cárcere. Ademais, organizaranse visitas guiadas con Guido Guía polos distintos obradoiros.

 

Obradoiros abertos

 

A área de Cultura facilitará que a veciñanza poida visitar os obradoiros de 17 artistas os días 20, 21, 27 e 28 de novembro entre as 16 e as 20 horas. Recoméndase concertar as visitas de xeito telefónico con cada un dos obradoiros para facilitar o cumprimento das cabidas de cada instalación.

 

Na mostra participan Isabel Somoza (gravado), INPE (deseño téxtil), Alfredo Bongianni (fotografía), UVE (deseño de interiores), Dinámica Estudio (plástica), Joaquín García Gesto (pintura), Gema López Estudio de Arte (pintura), Miguel Anxo Macía (pintura), Xoan Vila (Escultura), Andrés Haensel Haenselus (mix media e audiovisuais), Iago Eireos (pintura e fotografía), Ceniza de Papel (cerámica), Elena Belgrano EduCoHabitar (arquitectura e mix media), Festigaleiros (mix media e audiovisual), Cris Bamio (pintura e fotografía), T de Tete (deseño téxtil) e Juan Pablo Mastroiani (pintura).

 

Artistas con espazos no Vello Cárcere

Durante os 4 días da mostra, 6 artistas contarán cun espazo no Vello Cárcere. Serán Luz Darriba (multidisciplinar), Juan Lomarti (pintura e escultura), Ana Cabanes Fontao (pintura e escultura), Carmen Porteiro (fotografía), Ignacio López (pintura) e Alexandra Pardo Argalleira (mix media e instalación)

 

Paseos con Guido Guía

Durante a mostra a área de Cultura organiza 4 paseos co guía turístico Guido Álvarez. Terán prazas limitadas por orde de inscrición previa no correo [email protected] ou no teléfono 982 297 195.

 

  • Sábado 20 de 19 a 21h – saída desde a Fonte do Rei (escultura de Antonio Gandoi)
  • Domingo 21 de 16 a 20h – saída desde o Vello Cárcere
  • Sábado 27 de 16 a 20h – saída desde o CEI Nodus
  • Domingo 28 de 16 a 20h – saída desde o Vello Cárcere
Maite Ferreiro presenta a mostra Arte de Portas Abertas, enmarcada no Culturban