Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal para os primeiros meses do 2023

Maite Ferreiro animou "a descubrir e desfrutar do teatro con esta programación ampla e de calidade"

A área de Cultura organiza 37 actividades culturais con contidos para diversos públicos que terán lugar entre o 12 de xaneiro e o 30 de xullo

A selección de actividades elaborada pola área de Cultura inclúe “o mellor do teatro galego xunto cunha coidada seleccións de propostas permiadas en importantes festivais”

Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal para os primeiros meses do 2023

Lugo, 03 de xaneiro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal durante os primeiros meses de 2023. Maite Ferreiro explicou que "contamos con preto de 40 actividades culturais con contidos para todos os públicos, que terán lugar entre o 12 de xaneiro e o 30 de xullo”.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro galego xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais".

Como novidade, a área de Cultura organiza o ciclo de teatro para a Primeira Infancia, cunha proposta cada mes do chamado teatro para bebés, que contará con dous pases de cada función.

A programación inclúe en total 37 actividades, con 16 propostas para público adulto, 6 enmarcadas no ciclo Lugo en Danza e 15 para público familiar. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. Ademais haberá bonos a un prezo de 48€ nas actividades para público adulto e de 20€ para as actividades adicadas a público familiar, que permitirán acceder ás distintas actividades. No caso do ciclo Primeira Infancia, o bono terá un prezo de 10€ e para as actividade de danza do ciclo LED, 18€. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Programación para público adulto 1º semestre 2023

12 de xaneiro, 20:30

“O refuxiado” de Straciatella Teatro (Iria Lamas Alsina).

19 de xaneiro, 20:30

“Bravas” de Isabel Risco.

26 de xaneiro, 20:30

“A nai” de Amorodio teatro.

2 de febreiro, 20:30

“Como hemos llegado hasta aquí” de Teatro del Barrio.

9 de febreiro, 20:30

“Alma de tigre” de Elefante Elegante.

16 de febreiro, 20:30

“Esas cousas marabillosas” de Empatía Teatro.

23 de febreiro (Vello Cárcere), 20:30.

“Sexpiertos” de Tanttaka teatroa.

13 de abril, 20:30

“Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro.

 20 de abril, 20:30

“Hamelin” de Redrum Teatro.

4 de maio, 20:30

“Para acabar con Eddy Belleguele” de La joven.

11 de maio, 20:30

“Un hotel de 1ª sobre o rio” do CDG.

14 de maio, 18.30

“Los días ajenos” de Bob Pop e El terrat.

18 de maio, 20:30

“3240” de DeuVe.

25 de maio, 20:30

“A música amansa ás bestas” de Limiar Teatro.

1 de xuño, 20:30

“Los Remedios” de la Compañía Ex-límite.

8 de xuño, 20:30

“The Witch” de Diana Sieira.

Programación ciclo Lugo en Danza (LED) primeiro semestre 2023

27 de xaneiro, 20:30

“Pioneiras” de Xian Martínez.

17 de febreiro, 20:30

“XENÉRICA + FUGACES + PICNIC ON THE MOON” de Cia Colectivo Glovo, Cia Exire e Cia Júlia Rodino i Alexa Moya respectivamente.

31 de marzo, 20:30

“Demente” de Fran Sieira.

28 de abril, 20:30

“Festina Lente” de Vacaburra-Andrea Quintana.

26 de maio, 20:30

“A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas” de María Llanderas.

30 de xullo, 20:30

“Hidden” de Lali Ayguadé Company.

Programación infantil primeiro semestre 2023

15 de xaneiro, 18:30

“Os fabulosos cleaners” de Malasombra Producións.

Sábado 21 de xaneiro, 18:30

“Laika” de Xirriquiteula Teatre.

22 de xaneiro, 18:30

“Ninja” de Teatro Ghazafelhos.

5 de febreiro, 18:30

“La niña de las trenzas al revés” de El callejón del gato.

19 de febreiro, 18:30

“Little Neno descobre aos Rolling” de A Reixa Produccións.

26 de febreiro, 18:30

“La fábula de la ardilla” de La Baldufa teatre.

16 de abril, 18:30

“Wombo Combo” de Galeatro.

30 de abril, 18:30

“Las cotton” de Anita Maravillas.

21 de maio, 18:30

“O rapto da Befana” de Olivas Negras.

11 de xuño, 18:30

“Roedores” de Redrum Teatro.

Programación ciclo de Primeira Infancia primeiro semestre 2023

29 de xaneiro, 16:30 e 18:00        

“Musicalmente” de Paulo Lameiro.

12 de febreiro, 16:30 e 18:00

“Y las ideas vuelan” de Animal Religion.

23 de abril, 16:30 e 18:00

“Ventanas” de Teatro Paraíso.

7 de maio, 16:30 e 18:00

“Redondo” de Caramuxo Teatro.

4 de xuño, 16:30 e 18:00

“Univers” de Engruna Teatre.

Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal para os primeiros meses do 2023