Maite Ferreiro recibe no concello de Lugo a integrantes dun campamento sobre a lingua galega con participantes de distintas zonas do estado

A concelleira de Cultura agasallou ás rapazas e rapaces participantes con libros procedentes do fondo bibliográfico municipal

Maite Ferreiro: "temos unha lingua viva que conta cun pobo detrás que a fala e escribe cada día"

Maite Ferreiro recibe no concello de Lugo a integrantes dun campamento sobre a lingua galega con participantes de distintas zonas do estado

Lugo, 21 de xullo de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá a un grupo de rapazas e rapaces procedentes de todo o estado, que están a participar nun campamento sobre a lingua galega. A edil de Cultura interesouse pola experiencia das e dos participantes no campamento e afirmou que a lingua galega "é unha lingua viva que conta cun pobo detrás que a fala e a escribe cada día".

 

Ferreiro entregou ás rapazas e rapaces presentes un lote de libros procedente do fondo bilbiográfico municipal, entre os que se atopaban distintos números da revista Xistral. "Trátase de obras que non se atopan con facilidade e que tratan temas como a historia da cidade", explicou a concelleira de Cultura.

 

O campamento, que no día de hoxe adicou a xornada a descubrir a cidade de Lugo, conta con participantes procedentes de Guinea, Madrid, Euskadi, Mallorca e outras partes do estado.

Maite Ferreiro recibe no concello de Lugo a integrantes dun campamento sobre a lingua galega con participantes de distintas zonas do estado