A mesa de contratación aproba a licitación das actuacións da rúa Quiroga Ballesteros
A empresa presentou un orzamento de 732.000€
Alexandre Penas: “trátase dunha obra importante para o proceso de peonalización do centro da cidade"
Lugo, 08 de xaneiro de 2020. O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que durante a mañá de hoxe tivo lugar a mesa de contratación que aprobou a licitación das actuacións para a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros entre a rúa Montevideo e a praza de Santo Domingo. “Trátase dunha obra importante para o proxecto de peonalización que dende a concellería de Infraestruturas Urbanas temos previsto para o centro da cidade”, indicou Alexandre Penas.
Un total de 17 empresas presentáronse para realizar esta actuación, sendo a mellor oferta a da empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€ máis ive. “Despois desta adxudicación inicial, quedando pendente revisar a documentación e o período de alegacións”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “unha vez remate este proceso e se adxudique de maneira definitiva, a empresa terá un prazo de 10 meses para realizar esta actuación, durante os cales se garantirá o espazo de carga e descarga”. O concelleiro de infraestruturas indicou que o proxecto “non contempla a cuberta proposta no pasado”
Durante o vindeiro xoves, celebrarase unha nova mesa de contratación que realizará da adxudicación do pintado da sinalización horizontal da cidade, que saíu a licitación por un total de 1.087.904€ e un prazo de realización de 4 meses.