ARROXO DESTACOU A "SIMPATÍA QUE SENTIMOS DURANTE TODA A CAMPAÑA NA CIDADE E NAS PARROQUIAS"
"Moitas persoas non queren votar a Lara Méndez, nin que goberne o PP, o BNG é a alternativa" dixo Arroxo
O candidato do BNG á alcaldía afirmou "para que Lugo funcione, as persoas que lle queren a Lugo votarán polo BNG"
Lugo, 24 de maio 2019. O BNG pechou a campaña cun acto no centro social Maruxa Mallo do barrio de Fontiñas. No acto interviron o candidato á alcaldía, Rubén Arroxo e a número dous da candidatura, Maite Ferreiro, o terceiro da lista, Alex Penas, e Cristina López, que ocupa o cuarto lugar da candidatura. "Moitas persoas non queren votar a Lara Méndez, nin que goberne o PP, o BNG é a alternativa" dixo Arroxo. Durante a mañá Rubén Arroxo tamén participou nun acto de campaña con mozas e mozos.
Rubén Arroxo apostou por que Lugo se converta "nun concello BNG", destacando o éxitoso modelo dos gobernos municipais do bloque que supuxeron para vilas e cidades como Ribadeo, Pontevedra ou Allariz o recoñecemento internacional. Arroxo sinalou a necesidade de que todas as persoas vaian votar este domingo e pediulles o voto a "todas aquelas persoas que non queren un goberno de Lara Méndez pero tampouco queren un goberno do partido popular".
Arroxo destacou a "simpatía que sentimos durante toda a campaña na cidade e nas parroquias" e pediu "aproveitar o 26 de maio para marcar un novo rumbo no futuro de Lugo "queremos un Lugo amable coas persoas, ao que volte a mocidade que marchou e que sexa confortable para as persoas maiores, con impulso económico e calidade de vida".