Néstor Rego “o goberno do Estado deixa fóra do mapa a moitas explotacións de Galiza”

Néstor Rego xunto a membros do BNG
Néstor Rego xunto a membros do BNG

O deputado no Congreso estivo en Castro de Rei visitando unha explotación para coñecer de primeira man os efectos da nova lexislación sobre os xurros

"Esta nova lexislación obrigaría ás explotacións a adaptarse á nova realidade pero non contempla as singularidades do territorio galego", explicou Néstor Rego

Néstor Rego “o goberno do Estado deixa fóra do mapa a moitas explotacións de Galiza”

Lugo, 16 de abril de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou  hoxe unha explotación gandeira de vacún de leite en Castro de Rei para coñecer de primeira man os efectos que poderá traer a nova normativa que o goberno do Estado quere aplicar respecto aos xurros das explotacións. O deputado da cámara baixa estivo acompañado pola deputada no Parlamento galego Carme Aira, a deputada provincial Mónica Freire e integrantes do BNG de Castro de Rei.

O BNG solicitou a modificación do novo proxecto para que contemple ao sector agro gandeiro galego e a súa realidade. Néstor Rego salientou que “con este proxecto o goberno do Estado deixa fóra do mapa a moitas explotacións de Galiza” e destacou que “existen no noso país boas prácticas agrícolas que redunden na diminución das emisións, por isto, o BNG instou ao goberno español a que elabore un plan para que fomente a extensificación das explotacións” declarou Néstor Rego.

O proxecto de Real Decreto polo que se estabelecen as normas para a nutrición sustentábel dos solos agrarios, pretende regular a aplicación de xurros e esterco, a cal non se adecúa á realidade galega. O proxecto obrigaría ás explotacións gandeiras adaptarse a unha normativa elaborada para otras zonas do Estado, o que provocaría “o peche dunha parte do sector do leite e o vacún, este proxecto normativo descoñece totalmente o noso territorio e as súas singularidades, non é o mesmo a Terra Chá que A Montaña, ademais do tipo de explotacións coas que contamos” sinalou o deputado Néstor Rego.

 

PAC

O deputado no Congreso tamén sinalou a necesidade de que o Ministerio de Agricultura desenvolva un mellor reparto da PAC, xa que os regulamentos aínda non son definitivos e o Ministerio conta con ferramentas para aplicar un reparto máis xusto entre os territorios,  o que o deputado sinalou que “o goberno español está negando parte dos fondos da PAC a Galiza, isto significa que o noso agro segue padecendo a centralización dos fondos” no que fixo fincapé en que “o Ministerio ten aínda tempo a desenvolver un mellor reparto das axudas”

 

 

Néstor Rego “o goberno do Estado deixa fóra do mapa a moitas explotacións de Galiza”