A obra de desdobramento no Polígono das Gándaras está prácticamente rematada

Rubén Arroxo: "procuramos aumentar a seguridade da vía e a fluidez do tráfico con respecto ao modelo anterior aproveitando o espazo para vehículos en polígonos industrias"

 

A avenida que conecta a nova fase erá unha obra necesaria para a nova instalación de empresas e a creación de emprego grazas á instalación de novas empresas

A obra de desdobramento no Polígono das Gándaras está prácticamente rematada

Lugo, 16 de decembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou o avance dos traballos que se están a levar no polígono das Gándaras. Estas obras foron destinadas a aumentar a seguridade viaria e a maniobrabilidade na zona. A avenida que conecta a nova fase erá unha obra necesaria para a nova instalación de empresas e a creación de emprego grazas á instalación de novas empresas. Rubén Arroxo lembrou que "procuramos aumentar a seguridade da vía e a fluidez do tráfico con respecto ao modelo anterior aproveitando o espazo para vehículos en polígonos industrias".

 

Os traballos consistiron en aproveitar mediana para novos carríles de circulacion, pasando dos 11 metros  a 5. Con isto permitiuse habilitar os novos carriles de circulación de 3 metros de ancho. Rubén Arroxo explicou que "isto permitirá, unha vez o novo carril entre en funcionamento,  mellor a fluidez do tráfico e máis maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que en conxunto producirá un aumento da seguridade vial na contorna".

 

"Trátase dunha mellora importante para o polígono das gándaras, que a curto prazo atenderá unha maior demanda das empresas que xa están asentadas e que ata agora tiñan problemas ao acceder ou saír das naves debido á lonxitude dos camións e ao espazo da vía", afirmou Rubén Arroxo. Segundo o Tenente Alcalde "a apertura da segunda fase do polígono fará que esta vía pase a acoller unha maior cantidade de tráfico, e desde a área de Mobilidade adiantámonos a esta situación habilitando unha vía de tamaño suficiente que garanta que a circulación sexa fluída".

 

A obra de desdobramento no Polígono das Gándaras está prácticamente rematada