Olalla Rodil “É escandaloso que non se teña aplicado unha liña de axudas directas á autónomos”
O BNG aposta polo impulso de axudas de 2000€ a persoas autónomas para paliar a crise da COVID-19
A candidata foi a escoitar e conversar sobre a situación que atravesan os artesáns
Lugo, 1 de xuño de 2020.- Olalla Rodil, actual deputada e candidata do BNG por Lugo, mantivo un encontro en Outeiro de Rei co artesán Xaneco Tubío para conversar e obter información, de primeira man, de como esta véndose afectado por mor da crise da COVID-19.
Neste caso, o sector da artesanía padeceu os efectos económicos de maneira brusca e rápida. En primeiro lugar, pola interrupción en parte da produción, e en segundo lugar, pola paralización da venda da súa artesanía, xa que en moitas ocasións os seus puntos de venda prodúcense en feiras e festas.
Estas consecuencias, comúns para na meirande parte de autónomos en Galiza, onde existen uns 210000, fixo que moitas delas tiveran que fechar ou facer axustes.
Porén, o BNG salienta en proporcionar axudas directas de 2000€ por parte da Xunta de Galiza a todas aquelas persoas autónomas as que tiveron que fechar ou reducir de maneira drástica a súa actividade, polo tanto, unha baixada de ingresos.
Olalla Rodil declarou “é escandaloso que a estas alturas a Xunta de Galiza non teña aplicado unha liña de axudas directas para autónomas/os como vimos reclamando nas ultimas semanas desde o BNG”
Ao que a candidata recalcou que o goberno galego é o único que non está aplicando ningunha medida neste sentido “é necesario unha liña de axudas como ten Madrid, Cataluña, País Vasco, Andalucía ou Murcia, é inadmisible que o goberno galego non estea apoiando ás autónomas/os coa importancia e relevancia que teñen para o tecido económico e o tecido social”.