Poeta en Nova Iork contará cun segundo pase o 30 de xaneiro
As entradas poden mercarse no portal entradas.lugo.es
A área de Cultura promove un pase matinal para centros de ensino de Lugo
Lugo, 20 de xaneiro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que Poeta en Nova Iork terá un novo pase o xoves 30 de xaneiro. “Outras 110 persoas poderán asistir a unha mostra de teatro diferente ao que estamos a ver no teatro, máis intimista e cercana”, indicou Maite Ferreiro.
Poeta en Nova Iork está dirixida por Paloma Lugilde e conta cun elenco formado polas lucenses Sabela Eiriz e María Roja, xunto con Sergio Zearreta.
“É un orgullo que Poeta en Nova Iork se represente por primeira vez en Lugo”, indicou Maite Ferreiro. As entradas poden adquirirse na web entradas.lugo.es ou na Oficina de Turismo, e teñen un prezo de 5€, con descontos do 30% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG.