Rubén Arroxo: “no 2022 seguiremos facendo unha cidade máis amable para as persoas”

O Pleno do Concello de Lugo aproba esta tarde os orzamentos municipais para o vindeiro ano, que ascenden a 106,9 millóns de euros en total

A área de mobilidade continuará coa continuación do plan de calmado de tráfico e mellora da seguridade peonil e viaria, para o que se adican 550.000€

Lugo, 20 de decembro de 2021. O Pleno do Concello de Lugo aproba esta tarde os orzamentos municipais para o ano 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo defendeu un orzamento deseñado baixo a idea de "continuar a avanzar na mellora de Lugo, facendo unha cidade máis amable para as persoas". Rubén Arroxo destacou que "os orzamentos que aprobamos hoxe van permitir avanzar coa mellora da cidade executada polo goberno de Lugo estes anos ".

A área de Mobilidade e Infraestruturas, orzamenta para o 2022 un total de 150.000€ adicados á mellora da seguridade peonil na rúa Gallego Tato. "integramos esta actuación dentro da mellora do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "estudaremos a peonalización desta rúa no treito entre as rúas Lavandeira e Magnolia, gañando unha nova praza á entrada do colexio Luís Pimentel". Arroxo lembrou que “nestes anos executamos distintas accións de calmado de tráfico en todas as zonas escolares da cidade, entre outras medidas para garantir a seguridade das veciñas e veciños, como a senda peonil do colexio de Albeiros”

Neste orzamento, a área de Mobilidade e Infraestruturas destina tamén 400.000€ para renovar a rúa Lamas de Prado. Rubén Arroxo explicou que “estudaremos a posible peonalización de Camiño Real entre Concepción Arenal e a Ronda, gañando un novo espazo para as persoas preto da muralla, nun treito que case non conta con tráfico rodado". Arroxo anunciou partidas que en total suman 410.000€ para as renovacións das rúas Xesús Bal y Gay (210.000€) e da praza de Alicante (200.000€).

O plan de renovación de alumeado público en zonas urbanas e periurbanas continuará tamén no 2022. Rubén Arroxo anunciou unha partida orzamentaria de 300.000€ renovar o alumeado e a pavimentación de Aquilino Iglesias Alvariño. Arroxo explicou que “esta actuación será un complemento á renovación de Lamas de Prado, que comezará en breves, para avanzar na mellora dun barrio que conta con máis de 15.000 habitantes”.

A área de Mobilidade e Infraestruturas proxecta, segundo indicou Rubén Arroxo, continuará coa renovación da rede de alumeado público nas rúas Hermanitas, Dinán e na praza de Bretaña, para o que reserva un orzamento de 270.000€. "Estes investimentos son rentables en pouco tempo xa que reducen amplamente o consumo eléctrico e reducen o impacto ambiental", explicou Arroxo.

Arroxo anunciou tamén que a área de Mobilidade e Infraestruturas contempla partidas orzamentarias de 400.000€ para realizar actuacións nas zonas industriais e 800.000€ para renovar pavimentacións de calzadas e beirarrúas.

No tocante á área de Participación, Rubén Arroxo destacou un investimento de 190.000€ no Cemiterio Municipal. “Entre as actuacións previstas, contémplase a renovación dos teitos dos nichos e diversas pavimentacións no recinto”, epxlicou Rubén Arroxo, que engadiu “tamén se creará un centro expositivo que contará cunha exposición permanente da historia do Cemiterio e do antigo cemiterio de Magoi”.

Na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, a área de Participación destinará 100.000€ para realizar distintas melloras. Renovarase a climatización tanto da praza como do Mercado, "unha demanda que tanto os distintos vendedores e vendedoras como as persoas que compran na Praza de Abastos e no Mercado levan moito tempo realizando, e que será unha mellora moi importante para mellorar unha instalación tan importante para Lugo como é a Praza de Abastos e o Mercado Municipal", explicou o Tenente Alcalde. Ademais, adquirirase nova maquinaria para a limpeza e renovarase o mobiliario, co obxectivo de “seguir a potenciar unha instalación que está a ter un gran crecemento, especialmente por parte da xente nova, o que se pode ver os sábados coa campaña O noso mercado é un agasallo”, explicou Arroxo.

A área de Cultura destinará 865.000 euros para a programación cultural do 2022. Rubén Arroxo destacou que "desde a área de Cultura continuaremos a traballar co tecido cultural local, apostando polas creadoras e creadores de cultura de Lugo, ao mesmo tempo que traemos eventos de primeira calidade e recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional", explicou Arroxo.

O San Froilán 2022 contará con 1.087.000€ de orzamento, “que permitirán facer unha nova edición da gran festa do outono galego con actividades de calidade”. Adicaranse ademais 137.000€ para a promoción turística da cidade, “avanzando no obxectivo de colocar a Lugo como referente turístico á hora de visitar Galiza, e continuando co traballo realizado nestes anos”.