A TENENCIA DE ALCALDÍA ESTÁ A ACTUAR EN 7 VÍAS DA ZONA, RENOVANDO O PAVIMENTO CON ASFALTO EN QUENTE E FORMIGÓN ONDE NON SEXA POSIBLE ESTA SOLUCIÓN, INVESTINDO MÁIS DE 80.000€

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños de San Fiz

A Tenencia de Alcaldía está a actuar en 7 vías da zona, renovando o pavimento con asfalto en quente e formigón onde non sexa posible esta solución, investindo máis de 80.000€

Rubén Arroxo: "Seguimos atendendo aos barrios e zonas periurbanas garantindo o benestar de todas as veciñas e veciños de Lugo"

 

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños de San Fiz

 

Lugo, 14 de febreiro de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños de San Fiz, onde vén de comezar o asfaltado de 7 vías da contorna. Arroxo destacou que "con esta actuación continuamos a traballar nas zonas periurbanas de Lugo, garantindo o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade", e afirmou que os traballos permitirán "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".

O Goberno de Lugo actuará nas seguintes vías: Corredoira entre as vivendas 23, 23, 22 e 19, Pista de acceso ao Camiño da Igrexa, 32, Camiño da Costa, Pista de acceso á Igrexa, Pista de acceso aos chalés, Acceso á Tolda e Rúa das Laxes. Nos treitos que actualmente conten con asfalto en quente, reconstruirase o paquete de firme en todo o seu espesor, para evitar que os defectos da capa base podan chegar a afectar á capa de rodadura. Instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación. 

Na zona con firme de formigón, demolerase o pavimento de formigón, ata chegar á base de zahorra e instalarase novo pavimento de formigón vibrado HF 4.0, de 20cm de espesor. Estenderase formigón con fibras, que sirven como elemento de reforzo do formigón.

Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e instalarase unha nova base para contedores.
Finalmente, renovarase a sinalización vertical e horizontal, instalando novos sinais de indicación para a Tolda e o Camiño da Costa, e renovando íntegramente a sinalización horizontal. A Tenencia de Alcaldía inviste 80.302,57 nesta actuación.

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños de San Fiz