Rubén Arroxo anuncia unha liña de axudas para galeguizar as lápidas do Cemiterio Municipal

O Tenente Alcalde visitou o Cemiterio xunto con Cristina López, concelleira de Participación

Arroxo: “continuamos coas distintas campañas de promoción da Lingua, neste caso tamén no Cemiterio Municipal”

 

Rubén Arroxo anuncia unha liña de axudas para galeguizar as lápidas do Cemiterio Municipal

Lugo, 31 de outubro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación Cristina López visitaron o Cemiterio Municipal nos días previos á festividade de Santos. Os edís anunciaron que de cara ao 2022 o Goberno de Lugo estuda “incorporar unha axuda a todas as persoas que desexen galeguizar as lápidas dos seus defuntos”, segundo explicou Rubén Arroxo.

 

O Tenente Alcalde explicou que “desde o Goberno de Lugo continuamos a realizar distintas campañas para promocionar o uso da lingua galega, neste caso, no Cemiterio Municipal, para garantir que todas as familias que o desexen poidan ter as lápidas dos seus defuntos en galego”. Arroxo afirmou que “desde o Concello de Lugo recollemos esta proposta, que xorde orixinalmente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística”, e anunciou a colaboración entre o Concello e esta asociación para levar adiante esta campaña.

 

O Goberno de Lugo poñerá 10.000€ a disposición das familias que o desexen, en forma de axudas de 200€ por lápida. O Tenente Alcalde anunciou que “esta partida formará parte dos orzamentos do 2022 e a campaña poñerase en marcha ao longo do vindeiro ano”.

Rubén Arroxo anuncia unha liña de axudas para galeguizar as lápidas do Cemiterio Municipal