Rubén Arroxo anunciou que Lugo celebrará, xunto con París, Berlín, Estambul, e outras, o centenario de Ulises
“Imos poñer a Lugo no mapa europeo e damos este paso xunto a 17 urbes, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, colaborando coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY” afirmou Arroxo
Unha delegación europea visitou Lugo para coñecer os lugares onde se celebrará o centenario do Ulises a próxima primavera
Lugo, 8 de decembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que Lugo colaborará coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY nesta efeméride continental xunto a capitais europeas como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage e Estambul, entre moitas outras. Hoxe recibiu a representantes da Fundación Uxio Novoneyra e a unha delegación europea que avalaría os espazos da cidade nos que terán lugar as representacións relativas ao centenario Ulises.
As diversas estatuas de escritores, a Muralla, o museo e os seus xardíns, formarán parte do percorrido literario no que se representarán as obras elixidas pola ULYSSES EUROPEAN ODDISEY. Arroxo afirmou que “a recente peonalización da cidade e a implatación de diversas estatuas relativas a autores galegos contribuiron grandemente a elección de Lugo como parte desta rede europea de cidades para celebrar o centenario de Ulises”.
Lugo estará integrada, en pé de igualdade, como cidade asociada neste proxecto Europa Creativa de cooperación a grande escala -o primeiro no que participa a cidade da Muralla- e que convoca outras 17 urbes europeas, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, representando cada unha un capítulo desta obra mestra da literatura universal.
Este proxecto está inspirado no libro “Ulises”, do escritor irlandés James Joyce, do cal se celebra neste ano de 2022 o centenario da sua publicación por toda Europa, dando comezo a unha rolda de homenaxes por 18 cidades europeas que rematará en 2024.
No mesmo participan 18 cidades europeas cada unha delas asociada a un capítulo da novela; relacionados cos principais retos que enfronta hoxe a sociedade europea. O capítulo octavo do libro que celebrará Lugo, “Lestrigóns”, está ligado á literatura, o acto de camiñar e pasear, as relacións sociais nos espazos públicos, e á gastronomía sustentable de proximidade, e a hospitalidade das tapas da nosa cociña atlántica, caracteres todos onde a cidade da Muralla é referente estatal, que se verá proxectado con este proxecto tamén no nivel europeo.
A participación da cidade consistirá nunha programación literaria expandida escénica de fin de semana ligada á celebración da gastronomía popular identificada con este capítulo da icónica novela de Joyce. Serán intervencións que evoquen a novela en espazos públicos de interese literaria como prazas, esculturas, rúas e gastronómicos como cafés e bares, terrazas, restaurantes, pubs que abran o acceso para a mesma.
O proxecto complementa esta programación con residencias artísticas para artistas internacionais en Lugo; e a celebración dun simposio sobre a relación entre Literatura e Gastronomía; a participación no proceso de redacción no “Manifesto sobre a Futura relación entre as artes e a sociedade para unha Europa mellor”, coa contribución da cidade de Lugo e a integración de Lugo como cidade colaboradora na nesta nova rede de cidade Ulíses europea.
Do mércores 7 ao venres 9 visitaron a cidade, e foron recibidos polo Tenente Alcalde, o directore artístico do proxecto, o irlandés Sean Doran, da axencia Arts Over Borders xunto a unha delegación da cidade, da Fundación Uxío Novoneyra, facilitadora do proxecto, e o sector cultural para amosarlles a grandeza e o potencial da cidade e localizar os que serán os escenarios na programación de primavera.
Pódese consultar máis información da rede ná páxina ulysseseurope.eu